Dámoslle a benvida á web de SIXA

¡¡Grazas por visitar a Web de SIXA!!

Este sitio Web pretende ser o voso punto de contacto coas novidades da aplicación e foro do grupo de profesores usuarios de SIXA.

Aos que aínda non o coñecedes, SIXA é unha liña de produtos de Software Académico, comercializada pola empresa galega Enxenio S.L. Deseñada e desenvolvida na Universidade de Coruña, coa colaboración de profesorado de IES .

Benvido/á SIXA - Sistema de Información de Xestión Académica

Os principais produtos desta familia son :

-Sistema Informático de Xestión Académica (SIXA), aplicación que dá nome á familia. Permite a xestión integral de toda a información relacionada con o desenvolvemento académico do alumnado (cualificacións, faltas, informes, etcétera), e a intercomunicación de toda esta información con XadeWeb e coas familias do alumnado. Consta de diferentes módulos (SIXA Dirección, SIXA Profesorado, SIXA Administración, SIXA Familias, e SIXA Móbil), cada un dos cales está orientado a un perfil e funcionalidades diferentes dentro do centro .

-SIXA Pasarela Horarios, está deseñada para que os centros poidan enviar a XadeWeb os horarios creados mediante Kronowin ou Peñalara, evitando a tediosa tarefa de introducilos manualmente.

-SIXA Préstamos, facilita a xestión dos préstamos de libros de texto que deben realizar os centros de ensinanzas obrigatorias ao abeiro do Programa de Gratuidade de Libros de Texto.

Móbil-PDA que soporta SIXA

Unha detallada información das funcionalidades e características destas aplicacións, ademais de información sobre a súa implantación, prezos e soporte técnico destas, achégase nos menús inferiores .

Nas seguintes páxinas encontrardes novidades, ofertas acordadas para o profesorado e todos aqueles comentarios que enviades a esta Comunidade, orientada especialmente a apoiar e facilitar o traballo do profesorado e dos equipos directivos dos centros galegos de secundaria.

Proxecto cofinanciado por:

Xunta de Galicia         Unión Europea