Características

O Sistema Informático de Xestión Académica (SIXA) consta de 6 aplicacións ben diferenciadas e cada unha delas ofrece diferentes funcionalidades aos seus correspondentes usuarios facilitando a xestión académica completa do alumnado. Estas aplicacións son :

Cun clic, podes envorcar faltas, notas e informes ao servidor SIXA e recuperar datos actualizados de alumnado
  • Aplicación para o equipo directivo
  • Aplicación para o persoal administrativo do centro
  • Aplicación para o profesorado e titores/as
  • Sistema de comunicación coas familias
  • Programa sobre PDA's ou móviles
  • Programa sobre dispositivos USB


-SIXA Dirección é unha aplicación Web que facilita toda a xestión docente do centro e o intercambio automático de datos con XADE, así como o envío ás familias das incidencias sobre os seus fillos/ás (vía mail, SMS, cartas, ou publicándoas na Web SIXA Familias) do Centro. Observe que ao poder exportar datos a XadeWeb, -cualificacións de avaliación, partes de conduta, ou faltas de asistencia e a súa xustificación-, o profesorado tan só terá que anotar eses datos una única vez, evitándose o tedioso labor de volver teclealos en XadeWeb.

-SIXA Administración facilita certos traballos administrativos, como, por exemplo, a dixitalización das orlas de fotos do alumnado.

-SIXA Profesorado é unha aplicación Web que facilita o traballo diario do profesorado substituíndo ao tradicional caderno de clase ou libro de fichas do alumnado, así como aos partes de conduta e de faltas. Mediante esta aplicación, o profesorado pode enviar informes ao titor/a e á familia, poñer cualificacións de grupo (exames) ou individuais (de clase), escribir observacións privadas sobre un alumno/a, notificar as faltas (e xustificalas para o alumnado tutorado que trae carta dos pais), facer o seguimento da programación docente e un longo etc. de funcionalidades moi sinxelas de usar mediante interfaces de usuario moi intuitivas e cómodas.

Toda a información SIXA na túa man, sen buscar en montóns de papel

- SIXA Móvil proporciona un subconxunto das utilidades máis necesarias de SIXA Profesorado, implementar para funcionar sobre dispositivos PDA ou sobre algúns teléfonos móbiles que funcionan como PDA's (HTC Touch3G, Samsung Omnia ou similares) permitindo que cada profesor/a poida usar o seu móbil ou PDA como substituto do típico caderno de clase ou fichas coa información sobre o seu alumnado. Así, SIXA Móvil permite ver a ficha completa do alumnado coa súa fotografía dixital, poñer notas de clase e de exames, anotar faltas de asistencia e de conduta, levar o seguimento da programación docente, recibir mensaxes da dirección, enviar informes ao titor e pedir ao resto de profesorado informes sobre o alumnado tutorado, etc. En resumo, facilita que o profesorado teña todos os datos sobre o seu alumnado no peto coma se do seu libro de fichas se tratase .

SIXA Portable

- SIXA Portable, ao igual que SIXA Móvil, proporciona un subconxunto das utilidades máis necesarias de SIXA Profesorado, neste caso preparadas para funcionar sobre un lápiz USB, o que permite executar a aplicación en calquera computadora, portátil o netbook con entrada USB.

Non dubiden en contactar connosco para obter todos os detalles sobre a aplicación e obter asesoramento sobre a forma máis axeitada de implantalo.