FAQs - PREGUNTAS FRECUENTES

Por qué usar SIXA e non só usar XadeWeb?

Porque o levas no peto. SIXA é infinitamente máis doado de usar que XadeWeb, que fai que sempre vexas profesores/ás pedindo axuda a outros para utilizalo.

Comunicación áxil coas familias do instituto

Teño que seguir usando tantos papeis para encontrar as cosas?

No. Os partes de faltas deixan de ser necesarios (polo que tampouco existe o perigo de que se perdan). Tamén os cadernos de clase dos docentes, que ningún outro sistema substitúe completamente, deixan de ser necesarios con SIXA. Os informes de avaliación final, que xeraban moito papelame, pódense facer agora comodamente no ordenador. Outros moitos informes poden ser xerados en PDF e distribuídos de forma electrónica.

É verdade que o titor/a non ten que buscar aos docentes de cada alumno/a para pedir, recordalo e recibir información?

Si. É un grande aforro de tempo. Un problema típico dos centros é que un familiar desexa falar co titor/a (pois non fala un por un co docente de Mates, Xeografía, etc) e o titor/a, antes de recibilo, debe recompilar información do alumno/a de todos os seus profesores/ás. Ten que saber quen é o docente de cada materia en 3ºB, cando está libre, buscalo polos corredores, e cando o encontra quizais non teña a man as súas notas ou comentarios sobre o alumno/a. En SIXA, cun click, pide a información a todos os docentes do alumno/a, sen necesidade de saber quen é os profesores/ás dese curso (a principio de curso pode haber xente nova á que non coñece). Aos docentes encántalles este medio de comunicación de saber cando lles piden informes (mediante alarmas visuais) e envialos cuns poucos clics, picando en frases predefinidas.

Que máis información teño do alumno/a na PDA ou o móbil?

SIXA ten a ficha completa do alumno/a da túa materia na PDA ou móbil. E se é titorado, podes ver como evoluciona en todas as materias; non só ves as pasadas avaliacións, senón as faltas de asistencia, puntualidade, comentarios dirixidos á familia ou ao titor (porque o profesor/a elixe a quen dirixe os seus informes)

Cóidanse outros detalles como linguaxe sexista, etc

Si. Non aparecen "los padres" senón as familias; non é "alumnos" senón "alumnado"; non é "titor" senón "titor/a"; non é "profesor" senón "docente". Cumpre coa necesidade de fuxir da linguaxe sexista. O sistema empata así coa sensibilidade de moitos docentes, facilitándolles esta nomenclatura.

Hai que preocuparse do envío de información ás familias?

Moito menos que antes; ás familias que reciben información por email ou SMS, envíaselles de forma automática (co conseguinte aforro en selos, sobres, papel e tempo); noutro caso, se hai que imprimir cartas, o sistema xa sabe de que alumnos/ás hai que xeralas, incluíndo ademais de forma automática a información que debe aparecer na carta.

Intercambio automático entre SIXA e XadeWeb

O sistema de calidade esíxeme documentar todo á Consellería, o que implica un volume de traballo descomunal. Axúdame SIXA?

Al anotar todo no sistema de forma doada, e permitir a xeración de múltiples informes, SIXA axuda á documentación de numerosos procesos. Así, o centro pode pensar en estar certificado en calidade en próximos anos .

Podo enviar as faltas de asistencia no día?

Sí, e faino o sistema automaticamente por ti a todos os familiares que o solicitasen.

E as familias que non solicitasen SMS?

Poden recibir emails, que son fiables, cómodos e non teñen custo para o centro, ademais de que se envían de forma automática, polo que o centro non ten que estar pendente do seu envío. As familias que non soliciten SMS's nin emails poden seguir recibindo por correo ordinario a información dos seus fillos/ás. SIXA imprime automaticamente as cartas só daquelas familias que non reciban a información de forma electrónica.

Considérase o envío a ambos os dous pais naquelas familias que o pidan?

Claro. A aplicación non necesita coñecer a situación familiar, só que un ou ambos os dous titores legais desexan recibir as cualificacións do alumno no móbil ou email dun ou de ambos os dous proxenitores. Ambos os dous poden recibir a información.

A Dirección do Centro ou as persoas autorizadas poden sinalar para cada alumno como é o envío de faltas (puntualidade, comportamento, graves), avaliacións e informes. O resto é automático (salvo meter as cartas imprimidas en sobres... por agora.

Podo imprimir as orlas dos grupos do centro?

Si, e tamén as gardar en formato dixitalizado.

Informes e xestión académica completa para dirección e xefe de estudos

Hai que escanear ou capturar con webcam unha a unha as fotos do alumnado?

Non. Ese sistema resultaba bastante pesado. Os centros consideran máis eficaz escanear a orla completa do grupo, e SIXA encárgase de saber en que lugar da orla está cada foto, e asignala a cada alumno/a de forma automática.

Las fotos consérvanse dun curso para outro, aínda que se os grupos cambian moito os centros prefiren facer unha nova orla, dado que non supón case trabajo.

¿Qué datos descarga SIXA de XadeWeb?

SIXA importa datos dos alumnos (matrícula, datos persoais, datos dos familiares), dos grupos do centro (horarios, alumnado que o compón, titores/ás), dos docentes (incluíndo as horas non lectivas, como gardas, comisións, etcétera)...

Además, cada vez que se traen datos de XadeWeb, SIXA informa de posibles anomalías nos datos (grupos sen titor/a, horas de clase sen docente asignado, etc) e dos cambios que se producisen.

¿Podo facer un resumo do ano con estatísticas?

Si, SIXA permite elaborar memorias anuais de cada materia, incluíndo os temarios, o seguimento da programación docente e os resultados académicos do alumnado, así como estatísticas de número de suspensos e aprobados, sen necesidade de recorrer a XadeWeb.

Como coñecen as familias o avance ou comportamento do seu fillo/a?

Hai catro formas: mediante email, mediante SMS, mediante cartas imprimidas ou mediante a publicación en web da información académica dos seus fillos/ás. Cada familiar pode escoller a forma que mellor se adapte ás súas necesidades.