Na actualidade, hai vintecatro centros educativos nos que está implantado SIXA.
SIXA foi deseñado cuidadosamente e probado en centros reais de secundaria galegos para que fora verdadeiramente unha ferramenta que facilitara o traballo do profesorado de secundaria e dos equipos directivos dos centros. Durante estas probas aprendimos cal é o mellor procedimento para implantar SIXA nun centro:
O proceso de implantación de SIXA comeza por unha análise detallada do funcionamento interno do centro onde se vai instalar, co obxectivo de adaptar SIXA á realidade do centro. Deste modo, a implantación de SIXA non interfire en absoluto coa metodoloxía de traballo do centro, coas vantaxes que isto conlleva.
Una vez feita a instalación de SIXA no centro, comeza a fase de formación, na que se dará unha serie de cursos especifícos para cada perfil de usuario que vaia empregar a aplicación (profesorado, dirección, administración), para ensinar ao persoal do centro o funcionamento de SIXA, co obxectivo de que unha vez posto en marcha SIXA, o centro sexa completamente autónomo no seu gestión.