SIXA

Anotando faltas de conduta, faltas de puntualidade ou avaliacións con SIXA

O Sistema Informático de Xestión Académica (SIXA) é o único integramente desenvolvido en Galicia e orientado aos nosos centros, polo que facilita a súa comunicación completa con XadeWeb, e evita a introdución manual nese sistema dos datos que xa están en SIXA.

SIXA foi deseñado e desenvolvido na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, e agora, despois de ser sistematicamente probado e mellorado coas ideas e achegas do profesorado de diferentes IES públicos de Galicia, é comercializado pola empresa e~Xenio S.L, ligada ao viveiro de empresas da Universidade de Coruña .

SIXA é un produto software que facilita as tarefas de programación, xestión e seguimento académico que ten que realizar o profesorado. Ademais automatiza a petición de informes sobre o alumnado que fan os titores/ás; e a creación e envío, por parte do profesorado, dos devanditos informes ao titor/a ou familias. Hai que destacar que todas estas funcionalidades se poden levar a cabo dende unha sinxela aplicación web moi doada de utilizar e que denominamos SIXA Profesorado ou dende unha PDA ou móbil. Así, a PDA ou móbil substitúe ao libro de fichas do alumnado e aos actuais partes de asistencia e de faltas de conduta en papel, facilitándolle a consulta de información e a introdución desta en SIXA en calquera momento .

Comunicación rápida entre profesorado, titoría, dirección e familías, usando tecnoloxía Web e WiFi

Ademais SIXA axuda á dirección do centro, mediante a aplicación denominada SIXA Dirección, a xestión global de profesorado e alumnado, facilitando o acceso a todo tipo de información e á impresión de informes, fichas e listados. Hai que destacar que o custo para o centro de xestión desta información en SIXA é nulo xa que toda a información se intercambia con XADE automaticamente evitándose duplicar o traballo. SIXA Dirección permite o envío de mensaxes de correo electrónico ou SMS ás familias para que estean puntualmente informadas da marcha académica dos seus fillos/ás e de todas as incidencias e informes relevantes que se lles quixese comunicar. Tamén facilita a comunicación da dirección co profesorado .