SIXA Pasarela Horarios, é a nosa pasarela de exportación de horarios Kronowin e Peñalara a XadeWeb. Forma parte da familia de software educativo SIXA, que desenvolve e comercializa a empresa Enxenio S.L., empresa ligada ao viveiro de empresas da Universidade de Coruña e garantía de futuro.
SIXA Pasarela Horarios é unha aplicación Web que permite comunicar Kronowin e Peñalara -as aplicacións de xeración de horarios escolares máis estendidas- con XadeWeb.
SIXA Pasarela Horarios simplifica desta forma unha das tarefas máis tediosas que tiñan os centros en todos os inicios de curso: ter que introducir manualmente os horarios de todos os grupos do centro en XadeWeb, a pesar de telos xerados xa en Kronowin ou Peñalara e, polo tanto, estar xa informatizado. A pasarela funciona do seguinte modo :
1) O centro crea os horarios mediante o xerador de horarios preferido (Kronowin ou Peñalara) da forma habitual.
2) Unha vez obtida a solución, úsase o noso programa SIXA Pasarela Horarios, que fai o seguinte:
Unha vez exportados os horarios, o centro só debe asignar en XadeWeb a cada grupo e subgrupo os alumnado correspondente, posto que os xeradores de horarios non tratan co alumnado.
En definitiva, gracias a SIXA Pasarela Horarios o proceso de creación de horarios en XadeWeb, que feito de xeito manual leva varios días, fica reducido agora a pouco máis dunha hora.