- 1.- Os datos para alimentar SIXA tráense de XadeWeb cun click, e viceversa: os datos tecléanse unha única vez.
- 2.- Os usuarios están encantados: quitáronse dun sistema lento e complexo que duplicaba o traballo.
- 3.- É fundamental para a comunicación entre profesorado e titores/ás. O titor xa non ten que andar perseguindo os seus compañeiros/ás polos corredores.
- 4.- Facilita e automatiza a comunicación coas familias, o que contribúe a reducir o absentismo escolar.
- 5.- Aforra gasto en papel, selos, e tempo.
- 6.- Xera doadamente informes moi útiles para o profesorado: horarios, calendario escolar, listas de alumnos, resumos de faltas, etcétera.
- 7.- Habilita unha canle de comunicación rápida de Dirección co profesorado e de Titores con profesores.
- 8.- Toda a información queda en XadeWeb dispoñible para o ano seguinte, evitando ter que buscar en montóns de papeis.
- 9.- Ao usa PDAs ou móbiles, o profesorado pode traballar comodamente na súa casa: rematouse ter que facer colas diante do ordenador para meter faltas.
- 10.- Todas as pantallas e interfaces están en galego e todas as mensaxes están en coeducado.
- Ofrece unha forma clara e sinxela de ver a información académica, de forma ordenada, de todos os alumnos.
- Doado seguimento e control das faltas de asistencia e conduta.
- Permite obter listados de todo tipo, utilizando filtros de busca.
- Automatiza a comunicación coas familias, mediante o envío de emails, SMS's ou cartas imprimidas. Desta forma a familia ten en todo momento información sobre cando faltaron os seus fillos/ás a clase, as súas cualificacións, faltas de conduta, informes que o profesorado decida enviarlles, etcétera.
- Permite enviar mensaxes ao profesorado, por exemplo, para convocar un claustro, podendo seleccionar, mediante diferentes criterios, a quen se lle envía (profesorado dun curso, departamento, titores/ás de ESO/Bacharelato, profesores/ás concretos/ás).
- Evita ter que buscar uns e outros polos corredores. Todo o profesorado se beneficia do sistema.
- É unha ferramenta moi útil e cun custo ridículo (4000 €/centro). Ademais as PDAs e móbiles siren para máis aplicacións e usos á parte de SIXA.
- Comunicación directa con XadeWeb de todo o que pide a Consellería sen volver teclear.
- Completo caderno de clase, con fotos de todo o alumnado do centro.
- Fichas de todo o alumnado do docente. Nesta ficha rexístranse as súas notas de clase, controis, faltas, informes, observacións privadas do docente, etcétera.
- Incluye un método de facer programacións docentes, seguimento e producir automaticamente a memoria final das asignaturas.
- Se o desexa, dá gran facilidade para comunicar as familias informes dos seus fillos/ás.
- Inclúe fichas completas coa evolución de todo o seu alumnado titorado en todas as materias.
- Permite xerar diversos informes sobre o grupo titorado: resumos de faltas, estadillos de avaliación, etcétera.
- Mediante un click permite pedir informes sobre os seus alumnos/ás titorados/ás ao profesorado.
- Método doado de xustificar as faltas cando o alumno trae o xustificante do médico ou dos seus pais.
- Facilita a xeración de cartas para o envío ás familias do alumnado da súa titoría.
- Ofrece unha forma sinxela de rexistrar as reunións coas familias.
- Axiliza a confección dos informes de avaliación final do alumnado: o titor recibe automaticamente os informes previos dos docentes e elabora o informe final comodamente axudado polo sistema.
- Notificación instántanea de faltas ou notas mediante SMS, email (ou cartas imprimidas).
- A información que lles chega é máis exhaustiva e fiable, ao estar automatizada.
- Os titores dispoñen de máis e mellor información para preparar as reunións coas familias.
Pulsa nas cabeceiras de cada apartado para expandir/reducir o contido das seccións.