Novas actualizacións de SIXA

Estas son las novedades incluidas en el último despligue realizado de manera automática:

  • Habilitamos aos titores/as para que poidan modificar o estadillo de avaliación do seu grupo titorado (faise desde a aplicación de profesorado, na sección "grupo titorado" e no botón "Editar estadillo avaliación". Desta forma, xa non é necesario que na xunta de avaliación estea un directivo para poder cambiar notas no estadillo; agora pódeo facer o titor do grupo. O directivo simplemente ten que facer a exportación de notas a Xade, o que se pode facer tranquilamente ao día seguinte.
  • No estadillo de avaliación para impresión, agregamos unha segunda folla coas cualificacións de pendentes do grupo desa avaliación, no caso de que as teña.
  • Pódese xerar un informe en PDF co calendario escolar, ben desde o propio calendario (na aplicación de profesorado), ou ben desde a sección de xestión do calendario (aplicación de dirección), mediante o botón "Xerar informe".
  • Agregados novos textos de axuda para a redacción dos informes de avaliación final, tanto para os titores como para os profesores.
  • Reformado o informe PDF de pais que reciben SMS ou emails (na sección de "Xestión de familias" -> "Datos de familiares"); agora aparece organizado primeiro por estudante e logo por familiar.
  • Agregamos o teléfono dos alumnos na ficha de titor da PDA. Isto exixe que os teléfonos estean correctamente introducidos en XadeWeb.
  • As notas de pendentes se envían agora á PDA.

As modificacións na PDA exixen unha reinstalación automática do software nas PDAs. Dado que este proceso é delicado, farase de forma máis progresiva, polo que estas melloras poden tardar aínda un tempo en ir aparecendo nas PDAs.

Ademais disto, seguimos estudando outras melloras en SIXA de entre todo o que foron dicindo nos diferentes centros. Tamén estamos abordando melloras na nosa pasarela de exportación de horarios Kronowin (que este ano será capaz tamén de exportar a Xade horarios feitos co Peñalara).